Citric
Cando: 15 Novembro, 23,30h
Onde: Club Clavicémbalo
Aterra en Galicia presentando o seu disco Mandra, editado en maio deste ano. CiTriC é un trío de saxo, contrabaixo e batería con músicos procedentes de Estremadura, Euskadi e Galicia afincados en Madrid. Ofrecen composicións propias, moi persoais, mesturando sempre a vangarda e a tradición do jazz.
Premiados no V Concurs de Jazz de Barcelona e incluídos nos Circuitos de la Musica del INJUVE, dende o ano 2008 estiveron actuando nos festivais de jazz de Bruxelas, Getxo, Ibiza, San Sebastián, Badaxoz, Coruña…
- Luis Verde: saxo
- Ander García: contrabaixo
- Hilario Rodeiro: batería





