Telmo Fernández Trío
Cando: 16 Novembro, 23,30h
Onde: Club Clavicémbalo
Telmo Fernández inspírase na máis pura tradición da guitarra jazz. Fundador de The Groovefathers, creou os temas desta banda que foi seleccionada no ano 2003 pola AIE para una xira nacional incluída no programa Artistas en Ruta.
Dentro do panorama do jazz galego, ofreceu concertos nos máis prestixiosos clubs: Dado•Dada, Filloa Jazz, Manteca… Ademais foi integrante do Clavijazz Trío (Club Clavicémbalo) e participou en festivais como Imaxinasons de Vigo, integrante da Imaxina Orquestra xunto a Abe Rábade, Paco Charlín e Pablo Castaño, o Veneto Jazz (Italia) ou o Freiburg International Jazz Meeting (Alemaña). Nos Estados Unidos, tocou en distintos lugares, Philadelphia, Boston, Mississippi, Nova Orleans, Nova York…, en locais tan destacados como Sugar Bar, S.O.B.’s, Crash Mansion ou os lendarios St. Nick’s Pub ou Creole’s do Harlem.
- Telmo Fernández: guitarra
- Brian Charette: órgano Hammond B3
- Greg Stewart: batería





