Mezzoforte

Mezzoforte

Cando: 19 Novembro, 20,30h
Onde: Círculo de las Artes

É sen dúbida unha das bandas de jazz contemporáneo e funk máis poderosas do panorama musical. Formárona no 1977 en Reykjavik, Islandia, catro xoves amigos co interese común da fusión e a música funk. No 1983 soou por todo o mundo co tema “Garden Party” do seu cuarto álbum. Ata hoxe editou 12 discos e deu máis dun millar de concertos en corenta e tantos países planeta adiante.

O último traballo da banda preséntase incandescente, leva por título Volcanic e nel se concentraron esforzos desde o año 2008; tódolos músicos se trasladaron a unha cabana ó sur de Islandia para acadar un estado sereno que dese lugar ás composicións desexadas.

Miles Davis, George Duke, Weather Report, ou o grupo Earth Wind and Fire eran as influencias más destacadas daqueles rapaciños que iniciaban a súa carreira musical cando aínda non contaban vinte anos.

  • Eythor Gunnarsson: teclados
  • Jóhann Ásmundsson: baixo
  • Gulli Briem: batería
  • Oskar Gudjonsson: saxo
  • Fridrik Karlsson: guitarra
  • Sebastian Studnitzky: trompeta

http://www.mezzoforte.com/

Entrada: 10€

Twitter Facebook Email