Marcos Pin Factor -E- Reset
Cando: 14 Novembro, 21,30h
Onde: Círculo das Artes
Marcos Pin (Lugo, 1974) é un deses nomes recorrentes á hora de falar da nova escena jazzística de Galicia e este ano o seu proxecto Factor –E– Reset ten cabida dentro do Festival de Jazz de Lugo.
Factor –E– Reset xorde hai apenas tres anos para dar vida ao repertorio orixinal para orquestra de jazz composto polo guitarrista Marcos Pin, unha obra con vocación sinfónica e composta por temas orixinais. Con alguns puntos en común cas big bands —ainda que non concebida como unha xuntanza de seccións sinon máis ben de solistas— a idea de Pin dividese básicamente en dous tipos de estructuras: aquelas descriptivas e orquestales, algunhas de notable lírica, e outras concebidas como terreo para os solistas en formato de trío ou coarteto. Entre aqueles encargados de interpretar a obra do lucense, atopanse algúns dos nomes máis singulares do jazz galego actual, como o lugués Toño Otero por destacar algún, e da música contemporánea de Galicia como o director Diego García.
- Javier Pereiro: trompeta e fliscorno
- Pablo Castaño: saxo alto e frauta
- Toño Otero: saxo tenor y barítono
- Xosé Lois Miguélez: saxo tenor
- Jose Luis Miranda: bombardino e trombón
- Marcos Pin: guitarra
- Ton Risco: vibráfono
- Manolo Gutiérrez: piano
- Juansy Santomé: contrabaixo
- Max Gómez: batería
- Diego García: director





