Chupaconcha
Cando: 17 Novembro, 00,30h
Onde: Club Clavicémbalo
Dúo formado no 2007 cando os dous músicos que o integran se reúnen en Barcelona despois de ter colaborarado en Italia en diferentes proxectos. A partir do 2009, Chupaconcha pasa de ser un proxecto paralelo a converterse no seu proxecto principal.
Amantes do jazz e do espírito hippie , a súa música defínese como hypnofunk. Combinan música rock, funk, psicodélica e ambiental en salvaxes e desenfreados concertos e gravacións. En directo, un fronte ao outro, samplean e sobrepoñen unha multitude de líricas de trompeta creando un sólido groove que logo cabalgan cunha aptitude xenuína e hipnótica improvisando e comunicando co público.
- Giuliano Gius Cobelli: trompeta eléctrica
- Giorgio Fausto Menossi: batería





