cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Javi Ruibal Cuarteto

AIEnRUTa-Jazz
Venres 17 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes - Escenario 190615.00 €

enter image description here


Javi Ruibal é un dos instrumentistas e compositores máis prometedores da escena jazz española. É batería en particular e percusionista en xeral de jazz, flamenco e músicas do mundo, ademais de compositor de toda a súa música. Nos últimos dous anos xirou por España e México presentando o seu primeiro traballo discográfico, Solo un mundo, o cal obtivo o recoñecemento dos Premios MIN 2020 como un dos mellores discos de world music.

Ao longo da súa boa carreira, Javi, por forma de vida, soubo absorbe-la esencia da música e aínda a sabedoría daqueles cos que foi compartindo profesión. Entre eles destacan: Glazz (2008-2017), Javier Ruibal, Dorantes, Kiko Veneno, Renaud García Fons, Taksim Trio, Marina Heredia, Munir Hossn, Farruquito, Tim Ries, Carmen Linares, Adam Ben Ezra, Leonor Leal, Úrsula López, Rozalén, Manuel Machado, Federico Lechner, Rafael Riqueni, Jorge Pardo, Raúl Rodríguez, Theodossi Spassov, Patax e Manuel Molina.

Ale Benítez (baixo), Manu Sánchez (piano) e Joaquín Sánchez (ventos) acompáñano nun cuarteto que nos mergulla na natureza cun penetrante e marcado son propio. Xuntos exploran o noso planeta e a súa inxente riqueza musical con gran delicadeza e dotando de beleza cada unha das pezas que interpretan, entre elas os últimos singles de Ruibal: «Liziqi» e «Mrs. Autumn», este último gravado co apoio do INAEM e GPS11.

  • Javier Ruibal: batería
  • Joaquín Sánchez: instrumentos de vento
  • Manu Sánchez: piano
  • Ale Benítez: baixo

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL