cartel XXXIII Festival de Jazz de Lugo, do 3 ó 19 de novembro do 2023

Orquestra Jazz de Matosinhos (OJM)

Organiza: Concello de Lugo - Actos da Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2023 (Lugo)
Domingo 19 de Novembro
19:30 H
Círculo das ArtesEntrada de balde - É preciso retirar o convite na caseta do Festival

enter image description here


Actualmente baixo a dirección artística de Pedro Guedes, a Orquestra Jazz de Matosinhos (OJM), á parte de cumpri-lo papel de Orquestra Nacional de Jazz de Portugal, é un ente multidisciplinar que funciona como institución sen ánimo de lucro co obxecto de promove-la creación, a investigación, a divulgación e maila educación no campo do jazz. Como Orquestra Nacional de Jazz, a OJM presenta repertorios de tódolos estilos e épocas, aqueles que activaron a súa presenza habitual nos escenarios das principais cidades de Europa e Estados Unidos, entre elas Barcelona (residencia de catro anos no Festival Internacional de Jazz Voll Damm de Barcelona), Belgrado, Bruxelas, Marsella, Viena, Milán, Boston e Nova York. En Nova York, precisamente, a OJM obtivo residencias nos clubs Birdland, Jazz Standard, Jazz Gallery e Blue Note e foi a primeira formación de jazz portuguesa en participar nun festival norteamericano. O prestixio acadado nos seus máis de vinte e cinco anos de existencia foi parello á edición de numerosos e laureados discos: Orquestra Jazz de Matosinhos invita a Chris Cheek (Fresh Sound New Talent, 2006); Portology (Omnitone, 2007), con Lee Konitz; Our Secret World (WomMusic, 2010), con Kurt Rosenwinkel; Moras y Frambuesas (Universal Music, 2011), con Maria João...

Para celebra-la súa vinda á XXXIII edición do Festival, nada como volver ós inicios. A creación dun repertorio orixinal a partir das composicións dos seus directores musicais Pedro Guedes e Carlos Azevedo (dous nomes ineludibles na transformación do panorama jazzístico luso) segue a ser un dos primeiros e máis sobresaíntes obxectivos da OJM.

  • Pedro Guedes: dirección
  • João Pedro Brandão: saxo alto e frauta
  • João Guimarães Ferreira: saxo alto e clarinete
  • José Pedro Coelho: saxo tenor e clarinete
  • Mario Santos: saxo tenor e clarinete baixo
  • Rui Teixeira: saxo barítono e clarinete baixo
  • Luis Macedo: trompeta e fliscorno
  • Rogério Ribeiro: trompeta e fliscorno
  • Ricardo Formoso: trompeta e fliscorno
  • Javier Pereiro: trompeta e fliscorno
  • Daniel Dias: trombón
  • Álvaro Pinto: trombón
  • Andreia Santos: trombón
  • Gonçalo Dias: trombón baixo
  • Miguel Meirinhos: piano
  • André Fernandes: guitarra
  • Demian Cabaud: contrabaixo
  • Marcos Cavaleiro: batería

enter image description here

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL