Alba Armengou Trío

- Alba Armengou: voz e trompeta
- Martí Escobedo i Faúndez: guitarra
- Tramel Levalle: percusión e voz
Blancos y grafitos é o novo traballo discográfico da talentosa cantante e trompetista Alba Armengou, quen se une ao guitarrista Vicente López e ao percusionista e tamén cantante Tramel Levalle para crear e regalar unha auténtica xoia de harmonía, unha celebración da música na súa forma máis pura. Este álbum fusiona a canción de autor e o folclore latinoamericano dando como resultado unha experiencia sonora rica en matices e emocións. Convida á escoita unha vez e outra para descubrir novos detalles e sensacións cada volta. A combinación de virtudes artísticas fai que a audiencia se interne en paisaxes sonoras cheas de dinamismo e delicadeza que resoarán nos seus corazóns moito despois de que a derradeira nota se esvaeza.
11 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL

















