Arturo Pueyo Quartet

- Arturo Pueyo: clarinete
- Seir Caneda: piano
- Toño Miguel: contrabaixo
- Rodrigo Ballesteros: batería
Nacido en Ibiza no 1991, empeza estudos musicais aos oito anos no Patronato Municipal de Música de Ibiza e aos trece entra no Conservatorio Profesional de Música de Ibiza e Formentera onde estuda durante tres anos co importante clarinetista Venancio Rius Martí. Paralelamente, participa en cursos intensivos e master classes impartidos por Yehuda Gilad, principal celebridade mundial da escola técnica americana de clarinete, e polo propio Venancio. No ano 2010, iníciase no ámbito da música moderna tocando en distintas formacións nas cales experimenta con distintos estilos e xéneros como swing, blues, funk e rock.
Recibiu, así mesmo, clases maxistrais de figuras como Toni Belenguer, Bob Sands, Jorge Pardo, Nitai Hershkovits, Ari Hoenig, Kenny Werner, Johannes Weidenmueller, Shai Maestro e Roman Pilon. Tamén deu clases co saxofonista Maikel Vistel. Arturo Pueyo Márquez tocou profesionalmente con músicos como Paquito D’Rivera, Antonio Serrano, Ernesto Aurignac, Bob Sands, Deborah Carter e Miguel Blanco. Ten actuado con grandes artistas doutros xéneros: Miguel Poveda e Antonio Carmona (flamenco), Mustafa Zair (música árabe) e Carlton J. Smith (soul), en teatros, auditorios e festivais: Teatro Real, Auditorio Nacional, Teatro Fernán Gómez, Teatro Conde Duque, Corral de Comedias de Alcalá de Henares, festival Le Guess Who! (Holanda), Eivissa Jazz, Festival Internacional de Jazz de Madrid, Festival Internacional Canarias Jazz & Más.
7 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL

















