Clarence Bekker Band

- CLARENCE MILTON BEKKER: voz
- ARECIO SMITH: teclados
- FRANCISCO GUISADO “RUBIO”: guitarra
- CHARLIE CUEVAS: baixo eléctrico
- CARLOS LÓPEZ: batería
- LEO TORRES: trompeta
- ROBERTO ALBRECIA: saxofón alto
- POL PADRÓS: saxofón tenor
Clarence Bekker ten o don de toca-la alma de quen o escoita. Coa súa voz palpitante e fonda, amais dun espírito cargado de ímpeto, engaiola calquera audiencia. Ninguén permanece impasible ante o seu magnetismo, que encarna e concentra a forza de grandes mestres do soul, funk e _pop _como James Brown, Prince, Whitney Houston, Michael Jackson, Tina Turner...
Unha dilatada traxectoria levouno a recoller numerosos triunfos co pseudónimo CB Milton. Ademais, foi voz principal de bandas de renome internacional como Swinging Soul Machine, 08001 e Playing For Change. No seu haber, sete xiras mundiais e vídeos en liña que acumulan máis de douscentos millóns de visualizacións.
En 2016 este surinamés errante decidiu formar unha banda propia con destacados músicos de Barcelona. Dende entón, a Clarence Bekker Band continúa a magnetizar públicos diversos en prestixiosos festivais e salas de toda Europa, Australia, Marrocos e Brasil. A principios do 2020, edita, no selo Jazz Activist, o seu primeiro álbum de longa duración, Changes, que merece excelentes críticas da prensa especializada. No 2024, despois de cinco anos como banda residente e centos de concertos no prestixioso Jamboree Jazz Club de Barcelona, grava o seu primeiro disco en directo, que plasma a enerxía e mailo alto nivel musical das súas actuacións, ou sexa, consolida a banda como unha das máis potentes na escena da música negra.
14 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL


















