cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Erik Truffaz & Antonio Lizana "New Sketches of Spain"

Venres 13 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes25.00 €
  • Erik Truffaz: trompeta
  • Antonio Lizana: cante, saxofón alto, flauta
  • Renaud Gabriel Pion: clarinete baixo, arranxos
  • Sara Sánchez: baile
  • Pau Figueres: guitarra
  • Arin Keshishi: baixo eléctrico
  • Manuel de la Torre: batería
  • Vincent Thomas: percusión

Seducido pola tradición folclórica española e polas diversas manifestacións do seu patrimonio cultural, Miles Davis proxectou en Sketches of Spain unha visión artística intensa e profundamente poética. O traballo, que dialoga co «Concierto de Aranjuez» de Joaquín Rodrigo e co universo expresivo do flamenco, abriu camiño distinto nos adentros do jazz moderno. Cualificada de obra mestra, esta gravación articula unha relación sobranceira entre o jazz e a música clásica europea e supuxo un fito decisivo na apertura do jazz á chamada música do mundo.

Atraente abandeirado da modernidade e herdeiro do período electrónico de Miles Davis, o trompetista Erik Truffaz, unha das figuras máis destacadas do jazz europeo, e Antonio Lizana, ídem con respecto ao jazz flamenco, brindan agora unha mirada louzá, New Sketches of Spain, concibida para conmemora-lo centenario do nacemento de Miles Davis. Trátase dunha lectura contemporánea da esencia daquel mítico disco. Truffaz achega o seu son atmosférico e lírico inconfundible, receptivo á música electrónica e á estética cinematográfica. Lizana incorpora o flamenco desde a raíz, integrando cante jondo, saxofón e un coñecemento superior do compás e da tradición andaluza. Neste encontro o flamenco non serve de adorno exótico nin o jazz como marco ríxido; ámbalas linguaxes musicais se sitúan en pé de igualdade e orixinan unha música mestiza, emotiva e plenamente actual na que a improvisación, o silencio, a enerxía rítmica e maila evocación paisaxística coexisten. New Sketches of Spain é unha viaxe sonora a través dunha España imaxinaria e real a un tempo, aberta, mediterránea e contemporánea, enfocada desde o prisma jazz do século XXI.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL