cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Harold López-Nussa "Nueva Timba"

Featuring GREGOIRE MARET
Sábado 8 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes20.00 €
  • Harold López-Nussa: piano
  • Grégoire Maret: armónica
  • Luques Curtis: baixo
  • Ruy Adrian López-Nussa: batería

Innovación e virtuosismo, Nueva Timba, último disco do pianista cubano Harold López-Nussa e segundo que lle edita Blue Note Records tras Timba a la Americana no 2023, xunta á vangarda do jazz múltiples épocas da historia musical cubana e acada incribles, accesibles e inspiradores resultados. Híbrido entre directo e estudio, foi gravado no club Le Duc des Lombards, unha institución do jazz en París, e posteriormente remodelado e mellorado en posprodución co dobre obxectivo de documenta-la emocionante destreza de López-Nussa como intérprete en directo e aproveita-la pureza de son e a preciosidade conceptual que se logran no estudio.

Nueva Timba é, antes de nada, unha viaxe: obra narrativa manifestamente persoal arraigada en profundos e a miúdo dolorosos cambios vitais, reflicte a recente mudanza de López-Nussa de Cuba a Francia. O álbum conta a historia dun home desprazado, un pai novo á procura do seu camiño en país alleo mentres estraña a terra natal cunha intensidade desoladora e ten que recuperarse de feridas como a morte da súa nai. O tormento crecente vaino levando a un estado de desesperación do que ha saír de vagar mais con seguridade ao tempo que a luz se filtra entre as nubes deixando ao descuberto a senda pola que avanzar; lágrimas de dita para o horizonte.

A banda, cun núcleo de talento inigualable —o irmán de Harold, Ruy Adrian López-Nussa, na batería, Luques Curtis no baixo e o excelente Grégoire Maret na harmónica—, perfílase visión definitiva do futuro jazz latino.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL