James Carter Organ Trio

- James Carter: saxofones
- Gerard Gibbs: Hammond B3
- Alex White: batería
Trane - A Centennial Supreme homenaxea a John Coltrane no centenario do seu nacemento. A principios da década dos noventa, a irrupción de James Carter na escena jazz neoiorquina, tras mudarse da súa Detroit natal, acadou gran repercusión. Músico extraordinario e moi dinámico, o seu primeiro disco, JC on the Set, editado en Xapón cando só conta 23 anos e en Estados Unidos un despois (1994), foi estrea aclamada en todo o mundo como a mellor dun saxofonista durante décadas. A crítica eloxiou a súa capacidade para tocar practicamente calquera estilo de jazz sen imitar a ninguén. Despois destes recoñecementos iniciais, segue a profundar nas composicións de Django Reinhardt en Chasin' the Gypsy (2000), a amosar habilidades clásicas en Caribbean Rhapsody (2011) e a traballar co seu sensacional trío de órgano en Live From Newport Jazz (2019).
No decorrer dos anos, James Carter amosa a súa destreza como intérprete e líder cunha extensa discografía que reflicte capacidade para dirixir e ansia por explorar diferentes sons e texturas no jazz. Ademais, recibe múltiples premios Critics' Choice e Readers' Choice da revista DownBeat pola súa mestría, especialmente no saxofón barítono.
Do interior desta prolífica carreira, o James Carter Organ Trio emerxe como un dos seus conxuntos máis notables, no cal, xunto con músicos excepcionais, creou un son único e vibrante caracterizado pola improvisación, o groove e a vívida interacción entre os membros. O trío rende tributo a lendas do órgano jazz como Jimmy Smith e Grant Green ao tempo que pisa e estuda novas fronteiras sonoras desde unha perspectiva contemporánea. Combina o son inconfundible do saxofón de Carter coa potencia do órgano Hammond e incorpora unha mestura electrizante de influencias: desde o blues, rhythm and blues e as complexidades do jazz experimental en álbums como Heaven on Earth (2009) ata o soul jazz, o hard bop e mailo funk.
5 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL


















