March Mallow

- Astrid Veigne: voz
- Eric Doboka: guitarra
- Christian D'Asfel: piano
- Thomas Plès: contrabaixo
- Thomas Leverger: saxo
Catro músicos, que atesouran ricas e variadas experiencias, xuntan fortalezas nas cales desenvolver con precisión o canto sutil de Astrid Veigne, preamar en poder.
March Mallow é unha oportunidade para reaviva-la emoción dunha época espléndida nas cancións de blues e jazz.
Introdúcenos de pleno nun dos períodos pertencentes aos anos 50 con maior creatividade canto a historia estética do jazz americano. Falamos daqueles anos nos que EEUU situou a Europa na reurbanización, os vaqueiros e mailo estilo de vida americano e daquelas gravacións eternas dos meirandes artistas da música jazz.
Para inicia-lo seu relato musical, March Mallow decidiu render homenaxe a dous vocalistas do máis destacado na devandita época, dous das maiores figuras que coñeceu o jazz en popularidade e calidade de obra e igualmente en compromiso artístico e social co movemento polos dereitos civís en Estados Unidos: Nat King Cole e Billie Holiday.
No escenario, a atmosfera é satinada, o son moi próximo e o grupo devólveno-la emoción dos concertos neoiorquinos nos primeiros tempos do Birdland en Manhattan e o Teatro Apollo en Harlem
13 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL

















