Mariola Membrives Trío

- Mariola Membrives: voz
- Javier Pedreira: guitarra
- Ramon Prats: batería
Mariola Membrives é unha das voces máis singulares e persoais da escena musical española hoxe. Actuación e interacción por elementos centrais da súa linguaxe, colocámo-lo seu traballo no cruce entre flamenco, creación moderna e arte de improvisar.
Editou Llorona (co contrabaixista Masa Kamaguchi), Lorca Spanish Songs (con Marc Ribot), Ajuares (con Jordi Bonell, Rodrigo Pahlen, Gorka Benítez, David Soler et alii) e La Babilonia, obra de autoría propia salientada pola crítica, que a xulgou entre os discos do ano en España.
Como parte do seu historial profesional, ofreceu concertos a dúo e noutras varias formacións canda estrelas do jazz e da música improvisada, por exemplo Chano Domínguez, Renaud Garcia-Fons, Horacio Fumero, Daniel García Diego, Tino di Geraldo, Guillermo McGill, Paolo Angeli, Marc Miralta e Julián Sánchez. Foi cantante de La Fura dels Baus e colaborou como solista en producións sinfónicas e teatrais de grande envergadura, tanto en Europa coma en América Latina. Parte do seu traballo difundiuno a canle europea ARTE. Ten actuado en escenarios e festivais internacionais: Teatre Grec de Barcelona, Konzerthaus de Berlín, hr-Sendesaal de Frankfurt, Festival Fabbrica Europa de Florencia, Theatro Municipal do Rio de Janeiro. Galardoada co Premio Time Out á mellor creadora nacional, co Premio Altaveu e co Premio Córdoba a Escena.

12 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL


















