cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Pocket Corner

Noruega
Venres 7 de Novembro
22:45 H
Club Clavicémbalo15 € a entrada para os dous concertos da noite (12€ anticipada en Woutick)
  • Didrik Ingvaldsen: trompeta
  • Glenn Brun Henriksen: saxo alto
  • Kjetil Jerve: teclados
  • Ståle Birkeland: batería

Didrik Ingvaldsen é nome principal da vangarda - jazzística europea e o free jazz —en contacto con espazos sonoros procedentes das tradicións musicais norueguesa e africana entre outras— constitúe o principal sinal de identidade do seu labor. A música improvisada mantívose como constante nos numerosos proxectos nos cales, desde hai máis de tres décadas e en complicidade cun atado de intérpretes de indubidable magnitude, andou enredado este trompetista e compositor noruegués (natural de Stavanger, onde tamén exerce como profesor) a quen sempre se asocia con Don Cherry e Don Ellis e ao que avalan unha ducia de discos, varias publicacións e, por suposto, os centos e centos de concertos que protagonizou ao abeiro das diferentes bandas das que fixo parte, ben como líder, ben como colaborador. Ingvaldsen fundou, no 1986, Pocket Corner, a formación na que depositou máis desvelos e que mellor representa a esencia da súa concepción musical. A idea de Pocket Corner adquire individualidade senlleira no carácter atrevido e arriscado, afastado de calquera ortodoxia e fortalecido pola continua interacción dos músicos provistos dunha paleta extensa e variada de rexistros e estruturas de son.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL