cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Roberto Nieva Quartet

AIEnRUTa-Jazz
Sábado 15 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo15 € a entrada para os dous concertos da noite (12€ anticipada en Woutick)
  • Roberto Nieva: saxo
  • Xan Campo: piano
  • Thiago Alves de Oliveira: contrabaixo
  • Rodrigo Ballesteros: batería

Saxofonista e compositor nacido en Ávila e vencellado á música desde idade moi temperá. Sempre preocupado por se formar, estudou no Conservatorio Profesional de Música da súa cidade natal. Anos máis adiante, trasladouse a San Sebastián para completar estudos no Centro Superior de Música do País Vasco, Musikene, ademais de cursar un Máster en Investigación Musical na Universidade Internacional de Valencia (VIU). Aínda fóra do marco académico, segue a estudar e a recibir clases maxistrais de músicos como Branford Marsalis, Loren Stillman, Roman Filiu, Bob Mintzer e Immanuel Wilkins. Ao longo da súa carreira traballou e compartiu escenario con músicos como Kirk MacDonald, Josh Ginsburg, Martin Nevin, Marta Sanchez, Perico Sambeat, Javier Colina, Alain Pérez e Silvia Pérez Cruz. É habitual na escena musical de Madrid, onde traballou con músicos como Bob Sands, Bobby Martínez, Miguel Blanco, Juanma Barroso, Jorge Vistel, Maikel Vistel, Reiner Elizarde Negrón, Luis Guerra, AP Big Band, CMQ Big Band e La Resistencia Jazz Ensemble. No 2021 é seleccionado entre candidatos de todo o mundo para formar parte do Focusyear, un prestixioso programa de posgrado que se desenvolve no Jazz Campus de Basilea, Suíza. No marco deste programa, ofreceu un total de dezaseis concertos con estrelas internacionais: Chris Cheek, Sullivan Fortner, Tineke Postma, Wolfgang Muthspiel, Kris Davis, Jorge Rossy, Cuong Vu, Ingrid Laubrock, Miguel Zenón, Elena Pinderhuges e Guillermo Klein, así como unha xira de concertos por Europa. Ademais, gravou un disco como membro do programa (Focusyear Band, Tiny Windows), viaxou a Boston para colaborar co Berklee Global Jazz Institute e traballou con músicos como Joe Lovano, John Patittuci e Danilo Perez. A súa carreira individual céntrase en dirixi-la propia banda, con ela gravou o seu segundo traballo discográfico como líder, que viu a luz no 2024 e co cal chegou a actuar en Festival de Jazz de Madrid, Festival de Jazz de Lugo, Festival de Jazz de San Sebastián, DebaJazz, Universidad Complutense de Madrid, Bilbaína Jazz Club e Dazz entre outros.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL