cartel XXXVI Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 14 de novembro do 2026

Swing Titans

Mércores 4 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo10 € (8€ anticipada en Woutick)
  • MARINA GUNDIN, voz
  • IRANZU ELIZONDO, batería
  • DIANA ABAD, contrabaixo
  • ANTIA NIETO, piano
  • RAMIRO LAMAS, trombón
  • MATEO CASTRO, trompeta
  • NICOLAO RODRIGUEZ, trompeta
  • MIGUEL GONZALEZ, saxo alto
  • JOSE FERNÁNDEZ, saxos tenor e barítono

SWING TITANS rende homenaxe á época na que a elegancia e a síncopa definían a historia do jazz. O grupo, orixinario do norte de España, aborda o xénero na súa forma máis pura e refinada, trazando unha traxectoria impecable que une a sofisticación harmónica de Duke Ellington co carisma electrizante de Ray Charles. Grazas a unha formación de músicos de primeiro nivel e a un espectáculo en directo caracterizado por unha estética e unha execución impecables, SWING TITANS fai algo máis que interpretar música swing: encarna a distinción, a forza e a clase dun clásico instantáneo. Cunha traxectoria destacada que inclúe actuacións en eventos como o festival Noites de Jazz de Rianxo, a Feira Modernista de Sada, BetanJazz e o festival Soulporés de Mañón —ademais de locais emblemáticos como o Jazz Filloa e a Sala Garufa—, chegan agora á 36.ª edición do Festival de Jazz de Lugo (na sala Clavicémbalo) para ofrecer unha actuación en directo vibrante e inesquecible.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL