cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Yumi Ito

Mércores 12 de Novembro
20:30 H
Círculo das ArtesEntrada: 20 €
  • Yumi Ito: voz e piano
  • Nadav Erlich: contrabaixo
  • Alessio Cazzetta: guitarra
  • Iago Fernández: batería

A cantante, pianista e compositora Yumi Ito xera mundos que transcenden calquera límite. Suíza de orixe polaco-xaponesa, móvese con soltura por diversos xéneros e nos seus diferentes roles, ademais de se contar entre as representantes máis destacadas da improvisación vocal; o repertorio de Ito é igualmente variado, un inmenso océano de pop art, jazz e música neoclásica. Tocada pola forza de innumerables concertos e xiras, actúa cal mestra zen, clara, reflexiva e cun espírito singularmente poderoso. Entre os fitos da súa carreira encóntranse actuacións en Blue Note Nova York e no Festival de Jazz de Montreux, xiras por Asia, Europa e América do Sur e, a maiores, cinco álbums editados como líder de banda.

Yumi Ito enche regularmente salas de concertos e festivais internacionais, sen esquecer concertos recentes para os que se esgotaron as entradas: Festival JazzArt, NOSPR, Katowice (Polonia), Festival de Jazz do Véneto no mítico La Fenice de Venecia (Italia), Festival de Jazz Akbank en Estambul (Turquía), Festival de Jazz Eurovenezolano (Venezuela) e o Festival ZOA en Ardagger Stift (Austria).

Gañadora do Concurso de Jazz de Montreux, foi seleccionada para o Programa Focus Year á dirección de Wolfgang Muthspiel no Jazzcampus Basel (2017-2018), recibiu a Beca de Promoción de Jazz de Alta Prioridade de Pro Helvetia (2022-2024) e foi elixida por unanimidade polo xurado de Jazzahead! para unha presentación Jazzahead! en Bremen, Alemaña (2024). Yumi Ito actúa en solitario ou coa súa banda, que integran o poeta da batería Iago Fernández, o contrabaixista Nadav Erlich e mailo guitarrista Alessio Cazzetta.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL