Abe Rábade

- Abe Rábade: dirección, composición e piano
- Perico Sambeat: saxofón alto e soprano
- Pablo Martín Caminero: contrabaixo
- Naíma Acuña: batería
- Cibrán Seixo: violín e efectos
- Jimena Andión: violonchelo
- Davide Salvado: voz e percusión tradicional
- Antía Muíño: voz e percusión tradicional
- Miguel Pardo de Castro: danza tradicional
O exercicio profesional de Abe Rábade ocupa un lugar selleiro no presente panorama jazz europeo. Pianista, compositor e improvisador, o seu traballo sempre se desenvolveu nun ámbito no que a creación artística vai máis alá dos límites do estritamente musical para se transformar nunha sorte de observación, reflexión e diálogo con todo o que existe. As súas pezas combinan a precisión arquitectónica do compoñer, a liberdade do improvisar e unha constante atención ás fibras invisibles que vencellan memoria, paisaxe, identidade e experiencia.
Durante máis de dúas décadas, Rábade foi construíndo un corpo de obra caracterizado pola coherencia estética e intelectual, alleo a modas e etiquetas. A súa música, situada na confluencia da de cámara, do jazz, da tradicional galega e da composición contemporánea, non busca resolve-las tensións entre estas linguaxes, senón habitar de xeito fecundo o espazo que as separa. Alí onde as fronteiras se esvaecen, aparece unha voz sen comparanza que entende a cultura como lugar de encontro e a escoita como unha forma de coñecemento.
Nova Botánica, a última de Abe, dispón nunha trenza a música de tradición galega, a _jazz _e maila de cámara. A vexetación autóctona de Galicia representa o fío condutor da obra para os efectos de contrastar sensibilidades musicais; de dialogar con textos populares e con autores pertencentes a diferentes culturas e épocas nun bosque mixto que pon de acordo o urbano e mailo rural, a experimentación e a ortodoxia, o transcendente e o desenfadado.
11 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL


















