cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Álex Conde Trío

AIEnRUTa-Jazz
Venres 14 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo15 € a entrada para os dous concertos da noite (12€ anticipada en Woutick)
  • Álex Conde: piano
  • Míkel Alvarez: contabaixo
  • Michael Olivera: batería

De educación pianística clásica, Álex estudou primeiro no Conservatorio Jose Iturbi de Valencia e continuou no Berklee College of Music de Boston e mais no Aaron Copland Conservatory de Nova York xunto a mestres lendarios como Antonio Hart, Mike Mossman, David Berkman e Jimmy Heath. Tamén tivo ocasión de instruírse xunto ao gran pianista Barry Harris. Talento en auxe da escena musical actual, tras un extenso período de formación e desenvolvemento en EEUU, volve a España para continua-la súa carreira profesional e dar a coñece-lo seu traballo. Fundou o Piano Flamenco Institute de Nova York, único dedicado ao estudo desta disciplina. O importante labor de Conde na defensa, conservación e divulgación do patrimonio nacional continúao Álex Conde Flamenco Jazz, que aposta pola recuperación, revitalización e transmisión da cultura musical española. A última banda liderada por Álex Conde revisa e recupera a Falla, Albéniz e Turina. Interpreta pezas que pertencen ao repertorio clásico español como «La danza del fuego», «El albaicín», «El puerto», «La nana de Sevilla» e «La andaluza» cun achegamento desde a improvisación e mantendo, no respecto á obra orixinal, a esencia da mesma. Álex Conde conta coas producións discográficas Jazz and Claps (2008), Barrio del Carmen (2013), Descarga for Monk (2015), Origins (2018), Descarga for Bud (2020), Los Indultados (2023) e El Trío (2024), froito de diversas agrupacións musicais que presentou en prestixiosos escenarios dos Estados Unidos como Blue Note de Nova York, Beantown Jazz Festival, Panama Jazz Festival, Kimmel Center de Philadelphia, Opera House de Houston, Festival Flamenco de Nova York, SFJazz de San Francisco, San Jose Jazz Festival, Atlantic Jazz Festival e, así mesmo, en sobranceiros escenarios nacionais como Las Noches do Botánico de Madrid e Festival do Cante das Minas da Unión.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL