Seada Quartet

- Lois Rivera, saxos
- Miguel Piñeiro, contrabaixo
- Martín Otero, piano
- Esteban Lavigne, batería
Grupo integrado por algúns dos mozos máis prometedores da escena jazz galega que establecen relación durante os anos de estudo no Conservatorio Superior de Música da Coruña e comezan a compartir clases e escenarios. O cuarteto nace a finais do 2023, cando, tras anos participando xuntos en distintas formacións, se unen os membros coa intención de desenvolve-las súas ideas e dar lugar a unha estética propia e recoñecible a partir de composicións orixinais, as cales beben da súa forma de ve-la música sumada ao jazz contemporáneo e a outros sons actuais. Desde entón, Seada actuou en diferentes clubs de jazz de Galicia, así como en festivais do talle de XXVI JazzBer e 47º Festival Internacional de Jazz de Getxo (Seada queda entre os catro finalistas do Concurso de Grupos no que participaban máis de cen formacións de toda Europa).
15 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL

















