cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Beater Jazz Collective (BJC)

Concerto inaugural
Sábado 1 de Novembro
22:30 H
Club Clavicémbalo10€ (8€ anticipada en Woutick)
  • Ricardo Formoso: trompeta, fliscorno
  • Pablo Añón: saxos
  • Bruno Valle: trombón
  • Iago Mourinho: piano
  • Simón García: contrabaixo
  • Miguel Cabana: batería

BJC é creación recente, porén, intégrana concertistas de ampla experiencia que supera os vinte anos a interpretar jazz propio e alleo. Revisita os clásicos jazz da era cool e hard bop dende o máximo respecto ás fontes orixinais para emula-lo son daquela época caracterizada por grandes improvisadores, compositores e expertos en arranxos que pisaron o camiño cara á evolución do jazz nos anos seguintes. Beater Jazz Collective brinda pois unha selección de composicións indispensable e de grande vigor musical, amena e apta para gozo e deleite do iniciado e mais do profano, que trae onda nós a Charles Mingus, Jazz Messengers, Joe Henderson, Horace Silver, Oliver Nelson, Miles Davis e Wayne Shorter. Os compoñentes da banda teñen compartido escenario con músicos do talle de Jorge Pardo, Raynald Colom, María Schneider, Perico Sambeat, Bob Sands, Paquito D’Rivera, Pepe Rivero, Abe Rábade, Baldo Martínez, Nani García, Kurt Rosenwinkel, Mark Turner, Chris Cheek, Larry Grenadier…

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL