Josep-Manel Vega + Xove Orquestra Terra Nova

Delicada, sedutora e orixinal idea que parte dunha concepción aberta e integradora do jazz carecente de prexuízos e de límites: A almofada cálida e suave dunha orquestra clásica acolle as improvisacións sempre vizosas dun ensemble jazz. O ensemble será o magnífico trío barcelonés integrado por Juan Pablo Balcázar —baixista eléctrico, contrabaixista e compositor con máis de dez discos gravados como líder e moitos outros como sideman que actuou nunha infinidade de salas e festivais—, Genís Bagés —batería e artista sonoro de longa traxectoria nacional e internacional cuxa linguaxe musical consegue diversifica-lo elemento rítmico e que ten compartido escenario con Marco Mezquida, David Mengual, David Soler e Arecio Smith— e o propio Josep-Manel á guitarra. Compositor e improvisador heterodoxo e cosmopolita, enxalzado en canto a destreza, beleza, creatividade, sentimento e valentía pola crítica —El País, La Mañana, El Periódico, Vilaweb— , Vega foi explorando este anovador concepto de orquestra desde o ano 2022 en solitario e na compaña doutros profesionais. Unha gravación canda o contrabaixista Ignasi González precisaría o proxecto e, finalmente, o concerto encargo do Museu de Campanes de Cataluña permitiu constata-la idoneidade desta inusual e sorprendente combinación de instrumentos
6 Novembro 20:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL

















