Fred Hersch Trio

- Fred Hersch: piano
- Drew Gress: contrabaixo
- Jochen Rückert: batería
Durante máis de tres décadas, Fred Hersch foi un referente no mundo do piano de jazz, tanto polo seu traballo como compositor, improvisador e colaborador moi solicitado, como por actuacións en calidade de solista e mais polos tríos de longa traxectoria dos que formaba parte. Nacido en Cincinnati, Ohio, no 1955, Hersch comezou a toca-lo piano á idade de catro anos e a compoñer cando tiña oito. Foi nomeado Pianista Jazz do Ano en tres ocasións pola Asociación de Periodistas de Jazz, obtivo becas da Cámara da Música de América amais da Rockefeller entre outros moitos recoñecementos e merecidos apoios. Apaixonado portavoz da loita contra a sida desde 1993, produciu e gravou catro discos cuxas ganancias foron para a causa e ten ofrecido numerosos concertos con esta mesma fin. A influencia de Hersch foi enorme na nova xeración de pianistas de jazz, desde os antigos alumnos de Hersch, entre os que se encontran Brad Mehldau e Ethan Iverson de The Bad Plus, ata colegas de profesión como Jason Moran, quen deixa dito: «Fred ao piano é coma LeBron James no basketball: a perfección».
Os discos no seu haber como líder e colíder superan os cincuenta, foi dezasete veces nomeado para os Grammy e recibiu numerosos premios e eloxios. Merecente da Beca Guggenheim 2003, foi cualificado como «o pianista máis sorprendentemente innovador do jazz da última década» por Vanity Fair, «unha elegante forza de invención musical» por LA Times e «unha lenda vivinte» por The New Yorker.
11 Novembro 20:00 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL

















