cartel XXXVI Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 14 de novembro do 2026

Irati Bilbao Sextet

Venres 6 de Novembro
23:45 H
Club Clavicémbalo15 € a entrada para os dous concertos da noite (12€ anticipada en Woutick)
  • Irati Bilbao, voz
  • Aitor Bravo, batería
  • Mikel Núñez, piano
  • Fran Serrano, contrabaixo
  • Álvaro Zarzuela, trombón
  • Xabier Arriola, trompeta e fliscorno

Aclamada pola crítica, Irati Bilbao (Durango, 1992) consolidouse nos últimos cinco anos como unha das voces máis fascinantes e destacadas da escena do jazz vasco. Tras unha longa espera de catro anos, a cantante de jazz de Durango presenta Bloom, un disco que supera as expectativas xeradas polo seu predecesor, Begin. Trátase dunha obra máis madura e persoal que reflicte a súa evolución como artista. A cantante biscaíña estará acompañada por un quinteto de luxo formado por Aitor Bravo á batería, Mikel Núñez ao piano, Fran Serrano ao contrabaixo, Álvaro Zarzuela ao trombón e Xabier Arriola á trompeta e ao fliscorno. A diferenza de actuacións anteriores, Bilbao optou nesta ocasión por incorporar instrumentos de vento. O seu repertorio transita con mestría polo ámbito do jazz clásico —poñendo en primeiro plano a improvisación e o scat—, ao tempo que integra outros elementos e influencias; así, temas compostos pola propia Bilbao, cun son máis moderno e contemporáneo, conviven e compleméntanse á perfección cos estándares clásicos.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL