cartel XXXIV Festival de Jazz de Lugo, do 1 ó 17 de novembro do 2024

Vincent Peirani "Living Being"

Time Reflections
Xoves 6 de Novembro
20:30 H
Círculo das Artes20.00 €
  • Vincent Peiranie: acordeòn
  • Emile Parisien: saxo
  • Tony Paeleman: teclados
  • Julien Herné: baixo
  • Yoann Serra: batería

Tras brillantes estudos de música clásica e numerosos premios internacionais, Vincent Peirani somérxese con éxito no mundo do jazz onde igualmente resulta galardoado, sen ir máis lonxe, Artista Revelación 2014 e Artista do Ano 2015 nas Victoires du Jazz.

Disque se asocia o jazz, como toda música popular, a personalidades fortes. O recoñecemento internacional do acordeonista reside nesta calidade esencial. Moito carisma, un enfoque único da arte e habilidades creativas excepcionais cativan o ouvinte de inmediato. Peirani xera un equilibrio nas súas interpretacións entre o relativamente sinxelo (reestreas enxeñosas de temas coñecidos) e mailo sorprendente; sinal de gran mestría, achega a música culta e a música popular.

Hai dez anos renovou por completo a linguaxe do acordeón e hoxe segue a renovala grazas a unha visión desinhibida e cosmopolita da música e ao seu sentido da combinación e da cor harmónica, instrumental e tímbrica que lle permiten achegar ese toque máxico, raro e precioso a todo o que fai. Efectivamente, posúe a capacidade de converter en tesouro aquilo que toca: no jazz, como non, creacións propias e colaboracións con Daniel Humair, Michel Portal e outros, na chanson, con Sanseverino e Les Yeux Noirs, na música de cine, compositor para Barbara de Mathieu Almaric (2017)... Sexa o estilo o que for, o público ségueo.

Con Living Being IV: Time Reflections, Vincent Peirani e o seu quinteto composto por Émile Parisien, Tony Paeleman, Yoann Serra e Julien Herné involúcrannos nunha reflexión sobre o tempo, sobre a complexidade e os matices do ritmo vital. Nacido no contexto particular dos primeiros meses da pandemia de covid-19, este repertorio representa unha pausa artística, un momento de meditación sobre o impacto do tempo nas nosas vidas e na percepción do mundo. Time Reflections desprégase no escenario como un mosaico vivinte, fusionando pulsacións contemporáneas e ecos de danzas tradicionais á vez que integra poeticamente elementos da música barroca.

Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL