Los Hot Chocolates

- Santiago González: saxos e clarinete
- Gueorgui Organesian: saxos e clarinete
- Lois Rivera: saxos e clarinete
- Fernando González: trompeta e corneta
- Nicolau Rodríguez: trompeta e corneta
- lago Ríos: trombón
- Luis Tinaquero: banjo
- Juan Tinaquero: contrabaixo
- Rupert Twine: piano
- Santiago Roma: batería
- Miguel Ladrón de Guevara: voz
- Bea García: voz
Big band especializada nos swing, hot jazz, dixieland e blues xurdidos no decurso dos marabillosos anos 20 do século pasado en Nova Orleáns, para, dun salto, poñerse en Chicago, despois en Nova York e finalmente no resto do mundo. Entre as influencias da banda sobresaen músicos como Louis Armstrong, Fletcher Henderson, Duke Ellington, Paul Whiteman, Jelly Roll Morton, a Original Dixieland Jass Band, Sidney Bechet, Bix Beiderbecke e King Oliver. As creacións destes grandes mestres soan de novo interpretadas desde un punto de vista propio e orixinal mantendo a esencia de cada estilo e homenaxeando respectuosamente a todos cantos xenios agasallaron cun rumbo diferente a historia da música e ofreceron, deste xeito, infinitas posibilidades aos músicos posteriores á súa xeración. Los Hot Chocolates reviven aqueles ritmos tan populares mestura de charleston, fox trot, swing, etc., facendo que nos deteñamos a escoitar e imaxinemos unha viaxe de media noite con destino a unha época que foi representada en moitas ocasións no cinema.
15 Novembro 22:30 H
Organiza: Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz. Emenda e traduce: Shuǐ Lóng. Desenvolvemento web: GSL

















